Así, aproximadamente, podemos establecer a distribución das algas nno fondo dependendo da súa profundidade: TEORÍA CROMÁTICA DAS ALGAS: onde as rexións máis superficiais son especialmente adecuadas para as algas verdes, máis abaixo estarían as algas pardas e , finalmente, as vermellas.
Na ría, a zona intermareal acolle moitas algas verdes, como a leituga de mar, que adoita vir acompañada de bochos e "algas azuis". Nas augas máis superficiais, ata os primeiros 10 metros, é onde atoparemos unha maior variedade de especies. Os planchíns, os ramallos, as algas de arpón e as laminarias, entre outros, dominan os espazos rochosos. A maiores profundidades, tamén abundan as algas pardas, como laminaria e sargassum, e as algas vermellas duras, como o maerl.
Debido a que a absorción de ondas de luz no mar é bastante estable, a profundidade axúdanos a localizar algunhas unhas algas ou outras a diferentes niveis, pero por que atopamos algunhas especies nunha zona costeira e outras predominan noutros lugares? Aquí entraría outro factor clave, a temperatura. Esta inflúe nos factores metabólicos e reprodutivos, determinando a distribución xeográfica das especies. Así, dependendo de se falamos de latitudes máis ao norte ou ao sur, a temperatura varía e, con ela, a especie que veremos. O cambio climático está a elevar a temperatura media do mar, desviando e/ou facendo desaparecer moitas especies dos seus lugares orixinais (algo moi preocupante, como veremos, con "especies clave" como a laminaria).