ANÉLIDOS ERRANTES

Hai moitos vermes poliquetos que non viven pechados en tubos, aínda que algúns tamén teñan hábitos de vida sedentarios, son os vermes errantes. Son anélidos que se moven libremente e inclúen nadadores, escavadores e vermes reptantes. Esta vida máis activa convérteos en depredadores e teñen unha poderosa mandíbula protráctil con dentes, que poden desencaixar a gran velocidade para capturar as súas presas.