De pequeno tamaño (ata 2 cm e medio) e co corpo comprimido lateralmente. Moitos son bentónicos, como a especie que recollemos, pero algúns levan unha vida planctónica asociada ao plancto xelatinoso como as salpas ou as medusas. Tamén neste grupo atopamos á pulga de mar (Talitrus saltatus), coa que a miúdo compartimos praia ao atardecer.