As ASCIDIAS COMPOSTAS, inclúe un gran número de especies. Trátase de estruturas con moitas pequenas ascidias que conviven nunha matriz xelatinosa común. Pode ser laminar ou en forma de talo e amarrarse en rochas ou algas. Normalmente dan lugar a caprichosas formas simétricas e de grande beleza.
Dado que ás veces se espallan sobre unha matriz e revelan os seus múltiples sifóns na superficie, poden confundirse con esponxas. Así que, se pensabas que distinguir entre ascidias (dous sifóns) e esponxas (poros múltiples) ía ser fácil, descubrir que hai ascidias esponxiformes complica bastante o asunto.