ASCIDIAS

Como acontece con outras especies de invertebrados, as ascidias son grandes descoñecidas e adoitan pasar desapercibidas cando percorremos os fondos galegos. Pero este animal aparentemente simple que parece un saco con buracos encádrase (xunto ás salpas) no grupo dos tunicados, que, a súa vez, forman parte dos cordados. Isto é moi importante porque quere dicir que as ascidias pertencen á mesma categoría ca os peixes, aves ou mamíferos como nós, no filo dos cordados. Os cordados caracterízanse  por poseer un cordón nervioso dorsal, semellante á columna vertebral. Poderiamos dicir que as ascidias son a forma de vida invertebrada máis relacionada cos vertebrados, o elo entre invertebrados e vertebrados.

Pero de adultas, as ascidias non presentan este cordón dorsal como elemento vertebrador. Isto débese a que sofren unha metamorfosis ao madurar. Cuando son larvas (y nadan libremente en la columna de agua), su sistema nervioso y su estructura interna son muy parecidas a las de los renacuajos, tienen un cordón nervioso (similar a la medula espinal) y un esqueleto o notocorda (parecido a la columna vertebral) que después pierden al instalarse en las rocas, ya que las larvas acaban por asentarse en el fondo para convertirse en ejemplares adultos. De hecho, muchos investigadores consideran que estos órganos son los precursores evolutivos de la medula espinal y de la columna vertebral de los vertebrados.

Ascidias

O nome de tunicados débese a que as ascidias están cubertas cunha túnica ou capa protectora moi resistente que está feita de celulosa. Lavan unha vida sésil, ancoradas a rochas ou algas ás que se enganchan cos pés viscosos ou a través de estolóns. Son filtradoras, con dous sifóns ou buratos, un para permitir a entrada de auga e outro para permitir a saída, o que lles facilita introducir o osíxeno e os alimentos que precisan no seu interior.

Ascidias e esponxas, non sempre fáciles de distinguir, son esenciais para a saúde do océano e das formas de vida que alí habitan. Como filtradoras e creadoras de estruturas tridimensionais, ambas son pezas chave no delicado equilibrio dos mares.

Existen diferentes tipos de ascidias: hainas de maior tamaño cos buracos claramente visibles (ascidias solitarias), outras son máis pequenas e forman grupos de ascidias ben diferenciadas (ascidias sociais) e algunhas espállanse en grupos onde é moi difícil diferenciar os exemplares cubrindo uniformemente as rochas (ascidias compostas). Nestas últimas ábrense múltiples buratos, coma os poros das esponxas, pero un criterio que moitas veces nos pode axudar a distinguilas é que nas ascidias os poros están distribuídos dun xeito ordeado, mentres que nas esponxas esta distribución é máis caótica.