Tamén os farros (Centrolabrus exoletus) son habituais nestes bosques. Estes pequenos peixes, duns 15cm, desenvolven unha importante labor xa que son limpadores e a presenza dos seus bancos indica a existencia dunha estación de limpeza á que peixes de maior tamaño, como maragotas, sargos ou bogas, acoden para ser desparasitados polos farros.