CAPÍTULO 1
Cidades: Os fondos rochosos superficiais

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

SARGO (Diplodus sargus) e CHAPARELA (Diplodus vulgaris)

Os peixes máis emblemáticos das nosas costas, cos seus grandes bancos prateados envolven moitas das rochas costeiras.

Máis información sobre os sargos

- Para ver nun vídeo as súas congregacións no verán: AQUÍ

O POLBO (Octopus vulgaris)

Oito brazos cheos de ventosas nun corpo brando que pode mudar as súas cores e textura en décimas de segundo.

Máis información sobre os polbos

Para saber máis cousas dos cefalópodos: 

NÉCORA (Necora puber 

Ollos vermellos e coiraza de veludo as fan inconfundibles. Son os cangrexos que máis atoparemos nas fendas.

Máis información sobre as nécoras

PEIXE PORCO (Balistes capriscus)

Un peixe impoñente que veu dende augas máis quentes, pero cuxa elegante natación xa forma parte da nosa paisaxe submarina.

Máis información sobre o peixe porco

DEMO (Parablennius gattorugine)

Un dos lorchos máis abundantes da ría, sempre curioso, asoma os seus cornos vermellos entre as rochas cando pescuda quen está no seu territorio.

Máis información sobre o demo

Para coñecer as diferenzas entre lorchos con cornos

BOCARRUBIA (Gobius cruentatus)

Os beizos vermellos delatan a identidade deste gran lorcho que, cando desprega as súas aletas, asemella un dragón.

Máis información sobre o bocarrubia

Para diferenciar o demo do bocarrubia

MARAGOTA e PINTO (Labrus bergylta)

Maragota e pinto, pinto e maragota, polo momento a mesma especie, pero parece que este peixe está a separarse en dúas: por unha banda, as maragotas, de cores uniformes ou con manchas escuras, por outra, o pinto, co seu traxe laranxa de pintas brancas.

Máis información sobre pintos e maragotas