CAPÍTULO 2
Bosques : entre as grandes algas

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

O ARGAZO (Saccorhiza polychides)

As grandes algas pardas abundan sobre as rochas a pouca profundidade e, entre elas, destaca o argazo, coa súa particular silueta. Este alga segue ciclos anuais e do esplendor do verán pasa á súa descomposición no inverno.

Máis información sobre o argazo

Para saber máis cousas sobre as algas

A PORREDANA (Symphodus melops)

Un poboador habitualmente discreto que é quen de mudar as súas cores ata semellar un peixe tropical.

Máis información sobre a porredana

- Para ver nun vídeo como constrúen os seus niños: AQUÍ

A CENTOLA (Maja brachydactyla)

A raíña da camuflaxe, no seu cacho podemos atopar case de todo, eso se a atopamos a ela antes....

Máis información sobre a centola

O PLUMEIRO DE MAR (Sabella spallanzanii)

Un dos vermes máis fermosos da ría, capaz de hipnotizarmos co vaivén do seu penacho na corrente.

Máis información sobreo o plumeiro de mar

- Se queres ver a galería de fotos dos plumeiros: AQUÍ

O LORCHIÑO (Gobiusculus flavescens)

Os pequenos e hiperactivos lorchiños, sempre a choutos, forman grandes bancos que sobrevoan algas e plantas.

Máis información sobre os lorchiños

- Para ver nun vídeo como fan a posta nunha cuncha de mexillón: AQUÍ

A ALGA ARPÓN (Asparagopsis armata)

Chegada dende os antípodas foi quen de conquistar o mundo, pero a súa presenza é unha ameaza para a biodiversidade local.

Máis información sobre a alga arpón

Para saber máis cousas sobre as algas vermellas