CAPÍTULO 3
Arrecifes flotantes: as bateas

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

O MEXILLÓN (Mytilus galloprovincialis)

Nas rochas, peiraos ou bateas, estes coñecidos bivalvos amoréanse formando castelos de cunchas nos que protexerse ao tempo que serven de refuxio a numerosos animais.

Máis información sobre mexillóns

- Para ver máis vídeos das bateas: AQUÍ

A ESTRELA DE MAR ESPIÑENTA (Marthasterias glacialis)

Case sempre as atoparemos con cinco brazos, pero, ás veces, poden ser máis, ata oito, ou menos, se perden algún...

Máis información sobre as estrelas de mar

Para saber máis dos equinodermos

O MELGACHO (Scyliorhinus canicula)

Habitual na ría, adoita pasar o día tranquilamente deitado sobre os fondos, pero, se temos a sorte de velo nadar, decatarémonos de que posue a elegante natación dos tiburóns.

Máis información sobre o melgacho

Para ver as diferencias entre peixes óseos e cartilaxinosos

O TAPACONAS (Zeugopterus punctatus)

Tapaconas, rapaconas, rapacús, rascón, rapapelos, tapacús, tapadeira... poucos animais teñen tantos nomes como este peixe plano que, a miúdo, pasa inadvertido.

Máis información sobreo o tapaconas

- Para ver nun vídeo como nadan os peixes planos: AQUÍ

O ARROAZ (Tursiops truncatus)

É o golfiño máis abundante das Rías Baixas. Cando asoman a súas aletas na superficie, lémbrannos que hai todo un mundo de vida que non vemos baixo o mar .

Máis información sobre o arroaz