Descubre todas as novidades en
Este gran crustáceo azul de grandes tenaces adoita agocharse no fondo de grandes laños ou nos recunchos dos pecios, mais a presión pesqueira (tanto legal como furtiva) á que é sometido fai que cada vez sexa máis difícil de atopar.
Máis información sobre o lumbrigante
Sempre forman grupos en lugares escuros e profundos, por iso os bancos afundidos son un dos seus recunchos favoritos.
Máis información sobre as fanecas
É o peixe máis grande da ría, unha sorte de serpe mariña que soamente abandona a súa gorida polas noites.
Máis información sobre o congro
- Para ver un vídeo acompanado dos seus escoltas, os camaróns: AQUÍ
As ascidias viven filtrando a auga coma se fosen grandes depuradoras mariñas, aínda que tamén teñen un oco para acoller a pequenos invitados no seu interior. Pese a ser un animal moi descoñecido, está máis próximo a nós do que pensamos.
Máis información sobre a piña de mar
Para saber máis cousas sobre as ascidias
Uns peixes esbeltos e de gran colorido pero tamén moi esquivos. Frecuentan os pecios e fondos rochosos con algas, onde forman pequenos grupos.
Máis información sobre as xulias