A verdade é que se nos paramos a pensar en todo o plástico que nos rodea no día a día, parece unha misión imposible desfacerse del. Xa non se trata só de bolsas ou envases, é moi difícil atopar algo que non teña compoñentes plástico. Está por todas as partes: na roupa, os cosméticos, cremas, produtos de hixiene, electrodomésticos, goma de mascar... mirar ao noso redor e atopar tres cousas sen plástico é todo un reto. A redución do plástico é fundamental, dado que é o maior contaminante no océano, pero debemos afrontar o reto paso a paso.
Os efectos máis nocivos son os causados polo plástico dun só uso, apenas unha curta vida útil (que ás veces pode ser duns minutos) e centos de anos para desintegrarse en microplásticos na natureza que contaminan o medio. A chave é non agobiarse e tentar retirar esas cousas que, se nos paramos a pensar, ben podemos evitar ou cambiar por outras sen demasiado esforzo.
As seguintes páxinas que vos deixamos aquí poden darvos boas ideas e pautas para este desafío.