Aínda que só amosaremos un, non queremos deixar de mencionar os copépodos pola súa grande importancia ecolóxica, xa que son crustáceos moi pequenos que compoñen o zooplancto. Contribúen ao equilibrio mariño ao consumir unha grande cantidade de microalgas, á vez que serven de alimento para moitas especies mariñas.