EQUINODERMOS
Son animais exclusivamente mariños, con pugas na parte exterior do seu corpo e habitan os fondos, sendo moi abundantes. Pero, ademais, os equinodermos destacan por constituír unha importante curiosidade evolutiva. Cando, coa aparición dos vermes, os animais descubriran a bilateralidade como grande recurso para a vida móbil (o camiño que seguirán ata os vertebrados), chegan os equinodermos e volven á simetría radial, preservando esta mobilidade. Sábese que evolucionaron de formas bilaterais, xa que as súas larvas manteñen esta simetría, pero para converterse en adultos sofren unha metamorfose que transforma o seu corpo, reorientando o seu eixe corporal nun 90% e volvendo a un esquema corporal radial.
Así coa simetría radiada (como as esponxas ou os cnidarios) conseguiron unha mobilidade útil (como os animais bilaterais). Pero este xiro tamén ten contras, dado que impide o desenvolvemento dun sistema nervioso centralizado (cefalización) ou a especialización dos órganos dos sentidos, é dicir, non teñen cabeza.