COMPROMISO MEDIOAMBIENTAL

13 GRADOS xorde co obxectivo principal da divulgación e conservación do medio mariño. Partimos da educación ambiental e do coñecemento científico para elaborar os nosos materiais e actividades, nas que a principal motivación e finalidade é sensibilizar sobre a importancia de coidar o medio mariño e movilizar á acción daqueles cambios a nivel individual e local que contribúan á preservación do noso aliado máis importante: o mar.

Os principios e valores cos que nos comprometemos como cooperativa no noso traballo, tamén o son na nosa vida persoal, coa intención de minimizar o noso impacto negativo e sumar en positivo.

Estamos convencidas de que, como persoas, tenemos moito máis poder do que pensamos para cambiar as cousas e debemos actuar en consecuencia.

 CONSUMO CONSCIENTE

OBXECTIVOS DO DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE (ODS)

Os recursos e actividades que realizamos alinéanse coas metas recollidas específicamente na folla de ruta dalgúns dos principais ODS:

OBXECTIVO 4 - EDUCACIÓN DE CALIDADE : a través das nosas actividades favorécese a adquisición de coñecimientos teóricos e prácticos para promover mediante a educación ambiental o desenvolvemento de estilos de vida sostibles.

​OBXECTIVO 5 - IGUALDADE DE XÉNERO: fomentamos a equidade entre homes e mulleres e a integración da perspectiva de xénero a través de accións e unha linguaxe non sexista.

OBXECTIVO 13 - ACCIÓN POLO CLIMA: buscamos ampliar os contidos educativos e a sensibilización orientadas á mitigación do cambio climático e o coñecemento da situación actual coas súas ameazas, así como a reducción dos seus efectos conectando nosas accións cotiás coa saude do mar.

​OBXECTIVO 14 - VIDA SUBMARINA: ao centrarnos na divulgación e conservación do medio mariño combinando educación ambiental, ocio, ciencia e tecnoloxía creamos ferramentas que axudan a potenciar a conservación da biodiversidade mariña.

EQUIDADE

A igualdade entre todas é un dereito e a equidade a ferramenta perfecta para alcanzalo. Dende o noso traballo non queremos esquecer as múltiples particularidades de cada unha de nós e a necesidade de que o coñecemento e o lecer estean ao alcance de calquera. A accesibilidade, no sentido máis amplo da palabra, debe estar sempre entre os obxectivos de traballo.

Integrar conceptos tan importantes como o FEMINISMO, a INCLUSIÓN ou a ACCESIBILIDADE só é posible dende o respecto e a tolerancia ás diferentes características e necesidades que temos cada persoa, favorecendo a participación activa de todas.

 

ECONOMÍA SOCIAL

13 GRADOS colaboramos coa Rede de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia - REAS GALICIA para comprometernos e impulsar co noso traballo unha forma diferente de facer as cousas. É fundamental reflexionar sobre a nosa actividade para que cumpra os principios solidarios.

​PRINCIPIOS DA ECONOMÍA SOCIAL E SOLIDARIA

Participamos no Mercado Social democrático, feminista, ecolóxico e solidario a través de BEN MERCADO, a tenda online de Economía Social Galega.

Tamén apostamos pola Banca Ética, representada naquelas entidades financieiras que buscan unha xestión democrática e unha distribución equitativa da riqueza. Por iso somos clientas e socias de FIARE BANCA ÉTICA, onde realizase un uso óptimo, transparente e participativo dos recursos para o beneficio das persoas e o medio natural.

CÓDIGO ÉTICO FIARE

COOPERATIVISMO

13 GRADOS é unha cooperativa galega sen fins de lucro, un modelo de empresa diferente que garante o traballo digno e en equipo, onde cada persoa conta na toma de decisións.

Ademais estamos asociadas á Unión de Cooperativas Galegas: ESPAZO COOP para comprometernos e impulsar co noso traballo os obxectivos e valores que compartimos.

​VALORES DO COOPERATIVISMO

Dous aspectos intimamente vencellados ao traballo nas cooperativas son:

  • A formación continua. Non deixar de aprender e mellorar é unha das vantaxes da formación, pero tamén coñecer outras persoas con inquietudes e obxectivos similares e os seus proxectos, o que, a miúdo, da pé á creación de sinerxias
  • A intercooperación. Compartir valores e proxectos fainos máis fortes, de aí que, sempre que sexa posible, buscamos colaborar con outras cooperativas.

TURISMO SOSTIBLE

Dende 13 GRADOS apostamos pola sostibilidade no turismo, por gozar da natureza dende o respecto. ​

  • Motívanos coñecer, interpretar, desfrutar e coidar o mar. ​As actividades no medio mariño deben enriquecernos mutuamente. ​
  • A educación ambiental é chave para comprender o noso papel como parte da natureza. ​
  • Fomentamos a conservación activa que nos axude a deixar o espazo natural que visitamos mellor do que o atopamos.