Fondos de maerl
As algas que querían ser corais
Baixo o difícil nome de maerl agóchanse varias especies de algas vermellas calcáreas abondosas nas nosas augas. A diferencia da imaxe típica, semellante á das plantas, que temos destas formas de vida, estas algas teñen un aspecto moi diferente: son duras e crean estruturas ramificadas que se asemellan máis aos corais. Outra peculiaridade destas algas é que viven libremente nos fondos de area, sen necesidade de aferrarse ás rochas ou outras superficies duras, de xeito que as súas extensións forman grosas alfombras de cor rosado.
Ademais da importancia como especie característica da paisaxe submarina galega, o maerl cumpre importantes funcións, como albergar unha enorme cantidade de vida asociada ou contribuir a frear a acidificación dos mares.