Fondos rochosos a máis de 20 metros
Outro mundo
A maioría das veces mergullamos en fondos con pouca profundidade, xa que as características das aguas gallegas (onde os afloramentos de augas cargadas de nutrientes reducen a visibilidade e a cantidade de luz que chega a cotas máis profundas) fan que nos primeiros 20 metros se concentre gran parte da vida mariña.
Pero cando decidimos adentrarnos algo máis abaixo e superamos os 20-25 metros de profundidade, as paisaxes cambian por completo. As algas, omnipresentes cando estamos a menos profundidade, aquí xa non dispoñen da luz suficiente para facer a fotosíntese e deixan paso a formas de vida animal que recobren as rochas. É o reino das esponxas, gorgonias, anemones, briozoos... que amosan formas e cores que só podemos atopar nestas cotas profundas.