FANECA (Trisopterus luscus)

É un dos peixes clásicos da nosa ría, moi abundante e gregario, polo que case sempre o atopamos en grupos máis ou menos grandes.

As fanecas teñen dous padróns de coloración típicos: unha cor uniforme de cobre ou un padrón de franxas transversais claras e escuras. Non é raro que acaden os 30 cm. O seu corpo, moi comprimido lateralmente, está atravesado por unha fina liña lateral branca. Teñen unha barba branca que actúa como un órgano sensorial para detectar presas, aletas pélvicas moi delgadas e alongadas (parecen barbas) e unha distintiva mancha escura onde nace a aleta pectoral.

Os xuvenís nadan en pequenos grupos en augas pouco profundas.

Os exemplares adultos adoitan atoparse en fondos rochosos desde os 10 metros de profundidade, especialmente nos pecios, xa que teñen escuros buratos onde agocharse. Son de hábito nocturno, por iso pasan o día en escuras cavidades, aínda que se están iluminadas coa lanterna permanecen tranquilas.

​Especialmente abundante, ademais dos pecios, en Frapelo ou Cenoiros. Bastante confiada, é posible achegarse a elas, incluso que se acheguen elas.

Coloración a raias
Exemplares xuvenís
Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar