Son peixes longos e comprimidos lateralmente, cun corpo moi potente que pode acadar grandes tamaños. Carnívoros e moi voraces. Tamén poden entrar en auga salobre, como nos estuarios. Presentan unha brillante cor prateada e a liña lateral marcada en branco. Diferéncianse doutros peixes prateados pola forma máis alongada do seu corpo e pola presenza de dúas aletas dorsais.
Poden aparecer en augas pouco profundas, polo que non é raro atopalos ao facer snorkel na praia, especialmente aos xuvenís.