Os múlidos, tamén coñecidos como salmonetes ou barbos, recoñécense facilmente polas longas barbas brancas a xeito de perilla. Con elas removen a area para detectar as presas enterradas e logo escavan coa cabeza para capturalas.
Teñen dúas aletas dorsais e no seu corpo pódense ver claramente as grandes escamas. O perfil superior da cabeza inclínase de maneira abrupta cara abaixo, cos ollos situados enriba de todo.
Normalmente nadan sobre o fondo, case sempre en pequenos grupos e é posible velos ao practicarmos o snorkel nas praias.