Pecios
Ecosistemas por accidente
A forza do Atlántico e un litoral accidentado como o galego fan que estas costas sexan a tumba de moitos barcos que agora descansan sobre o fondo mariño. Estes restos somerxidos, que adoitan degradarse con rapidez debido á acción do mar, non só son testemuñas mudas dunha historia desafortunada, tamén se converten en arrecifes improvisados onde a vida ábrese paso.
Visitar os pecios é como asistir a un museo vivente onde as chapas oxidadas locen gorgonias e anemones como unha segunda pel e os furados comunican con espazos agora habitados por congros e lumbrigantes.