Pradarías de zostera
Alfombras verdes baixo o mar
A zostera é unha planta mariña que medra nos fondos de area formando mestas alfombras cheas de vida. Pero a súa importancia vai máis alá de ser un lugar de refuxo e busca de alimento para multitude de especies. Estas plantas son quen de captar dióxido de carbono, liberar osíxeno e actúan como unha barrera protectora para a costa frente os temporais e o puxar do mar, xa que amainan o seu impacto.
Aquí viven formas de vida do máis chamativa, como os cabalos, as lebres de mar ou as agullas bravas.