RAPOSAS - Tripterígidos

As raposas tamén teñen un aspecto similar ao de blénidos e góbidos, aínda que neste caso teñen tres aletas dorsais apuntadas, unha cabeza máis pequena e afiada e os apéndices que sobresaen da súa cabeza son tan pequenos que apenas son visibles. Miden entre 6 - 9 cm.

Recollemos aquí as variantes da raposa marela, Tripterygion delaisi, a única que atoparemos no Atlántico oriental. Normalmente aparecen en rochas, moitas veces cara abaixo, camuflándose, xa que co seu debuxo xaspeado son difíciles de distinguir e foxen axiña en canto nos achegamos un pouco. "Nadan" desprazándose con pequenos chimpos sobre a rocha.