SERRÁNIDOS

Son unha familia diversa á que pertencen especies moi coñecidas no Mediterráneo, coma o mero ou o peixe rei. Aquí imos atopar basicamente a cabra.

Presentan unha coloración marrón, avermellada ou rosácea e teñen un corpo robusto e alongado. Adoitan ter labios prominentes, coa boca aberta cara abaixo e os ollos cunha pupila en forma de pera. Os peixe rei son unha excepción, xa que o seu pequeno tamaño e aspecto delicado e tropical fan que non se parezan aos seus parentes.

Normalmente son solitarios e móvense grazas ao poder da súa aleta caudal, que combinan con ondulacións do seu corpo.