Son vermes que pertencen aos anélidos, de gran tamaño e aspecto robusto, pero moi difíciles de observar ao vivir enterrados ou semienterrados nos fondos brandos. Contan co corpo dividido en tronco e probóscide. Esta última é unha prolongación retráctil do corpo na parte anterior na que se atopa a boca e coa que escava na area ou limo.