SÚMATE AO CAMBIO
Pequenas accións poden ter un gran impacto no mar. En 13 Graos cremos que cada persoa pode contribuír á conservación do océano a través dos seus hábitos e da participación en proxectos científicos.
Como consumidoras temos moito máis poder dol que pensamos para cambiar as cousas, noso consumo e decisións diarias son sempre mensaxes e declaracións de intencións cara un sistema que nos fai crer que o que precisamos é o que nos quere vender.
Se queres adentrarte no mundo tras o que consumimos cada día, recomendámoste que non te perdas a páxina de CARRO DE COMBATE. Investigación, formación e comunicación de calidade para descubrir que hai tras a maquinaria dos mercados.