Xardíns de Gorgonias

A vida en rosa

As gorgonias pertencen ao grupo dos cnidarios, un nome que, a pesar de resultar moi descoñecido, engloba algúns dos animais mariños máis emblemáticos, como as medusas ou os corais. Gorgonias, anemones, hidrozoos ou plumas de mar completan este plantel de fascinantes personaxes que habitan nos fondos de todo o planeta.

Das gorgonias que podemos atopar nas augas galegas, a morada é a máis abondosa e representativa. Está presente dende apenas os 2m de profundidade e, en ocasións, expande as súas poblacións dando lugar aos chamados xardíns de gorgonias. Unha sorte de lugares de gran vida e colorido.

Vistas de preto, nas gorgonias podemos apreciar os pólipos brancos que compoñen este animal colonial. Pólipos que se expanden hacia o exterior para captar o alimento ou que se retraen no interior ante situacións máis desfavorables.

 

A certa distancia, a coloración destas gorgonias amosa unha tonalidade máis azulada ou morada. Soamente ao achegarnos e iluminar coa lanterna ás ramas apreciaremos a intensidade das súas cores.

 

Entre as moitas funcións que aportan as gorgonias, a estrutura tridimensional que crean é un lugar ideal para que moitos animais deixen as postas de ovos. Tiburóns e raias son algúns dos que acostuman a decorar coa súa futura descendencia estas ramas. Na foto: ovo de tiburón melgacho (Scyliorhinus canicula).

A pesar de que esta gorgonia, a Leptogorgia sarmentosa, case sempre presenta unha coloración dun rosa intenso, poden aparecer exemplares con tonalidades diferentes como o branco -na foto-, laranxa, amarelo ou unha mistura de varios.

A simnia (Simnia spelta) é un dos mellores exemplos de como a alimentación dun animal determina a súa coloración, contribuíndo, ao mesmo tempo, a súa camuflaxe coa contorna.

Tiburóns e raias non son os únicos animais mariños que botan man das gorgonias para colocar os ovos. Multitude de pequenas formas de vida atopan alimento e acubillo entre as súas ramas, que empregan tamén para colocar as postas. Na foto, vemos unha pequena lesma de mar tritonia gris (Duvaucelia odhneri) xunto a súa posta de cor branco.

Teremos que facer aínda un maior esforzo de agudeza visual para atopar ás pequenísimas gambas que se agochan nestes abanos de mar. Concretamente na parte central desta fotografía encontramos unha gamba camaleón (Hippolyte varians) facendo honra a o seu nome.

Tamén os chocos (Sepia officinalis) encuentran nestas estruturas un lugar ideal para fixar as súas postas.

Aínda que, habitualmente, non formen estensos xardíns como a gorgonia morada, nas augas galegas podemos desfrutar de máis especies de gorgonias de diferentes cores, especialmente ao descender a máis de 20 metros de profundidade, onde as gorgonias brancas, amarelas e marróns acompañan aos exemplares morados.