Os Ceriantos (ANTOZOOS), tamén coñecidos como anemones tubo, son moi semellantes a estas pero, habitualmente de maior tamaño e caracterízanse por dispoñer de dous tipos de tentáculos (que non poden retraer): os tentáculos orais, na parte interior do disco, que son de menor tamaño, e os tentáculos exteriores, máis longos e anchos, que rodean o disco.
Os ceriantos viven nos fondos areosos enterrando parte do corpo para ancorarse e crean so redor do coerpo un tubo protector no que acubillarse ante circunstancias adversas. Adoitan ser solitarios e de coloración variable.