ELABORACIÓN DE GUÍAS VISUAIS
Empregar ferramentas prácticas e didácticas coas que iniciarnos na observación da natureza axúdanos a transmitir o valor do patrimonio natural. As guías visuais permiten recoller unha mostra completa da biodiversidade da contorna e transmitir contidos de interese que reflictan a riqueza e importancia das diferentes especies de fauna e flora que viven en equilibrio nos ecosistemas que nos rodean.
Son un bo complemento durante as andainas na natureza ou como ferramenta de traballo nos centros educativos, ademais de aportar unha lectura amena e inclusiva.
Contamos cun amplo abano de ilustracións e fotografías propias que nos permiten dispor de imaxes detalladas das especies a recoller na guía.