Descubre todas as novidades en
Semellante a súa curmá, a estrela de mar, pero moito máis áxil. As ofiuras poden chegar a despregarse por centos sobre as extensións de area.
Máis información sobre a ofiura negra
Todo se pode esperar cando topamos cos chocos, os mestres da caza cun sorprendente dominio da flotabilidade e a camuflaxe.
Máis información sobre o choco
- Se queres ver vídeos de como vai de caza: AQUÍ
É un dos peixes máis elegantes que podemos admirar na ría, aínda que será polas noites, cando sae a cazar, cando teremos máis posibilidades de ollala sobrevoar a area.
Máis información sobre a raia
Estes estraños corais brandos érguense na area para abanear na corrente, coma unha horta de cenoiras doutro planeta.
Máis información sobreo o cenoiro
Para saber máis cousas sobre os cnidarios
Duro coma unha pedra e de cor rosa, o maerl é unha das algas vermellas máis particulares e descoñecidas dos nosos fondos.
Máis información sobre o maerl
- Para saber máis cousas dos ecosistemas que forman: AQUÍ