SOMÉRXETE NO MAR SEN TE MOLLAR!

Agora, pasear polo fondo do mar sen nos mollar é posible. Realizamos percorridos submarinos en directo a través de imaxes a tempo real que recibimos dun ROV (robot submarino pilotado), imaxes que podemos visualizar nunha gran pantalla ao aire libre, a través de lentes de realidade virtual ou que podemos emitir en streaming a calquera punto por moi lonxe que estea do mar.

UN MUNDO POR DESCUBRIR
AO OUTRO LADO DA SUPERFICIE

UN ROBOT QUE EMITE AS IMAXES
DO FONDO DO MAR A TEMPO REAL

PERCORREMOS O FONDO MARIÑO
EN DIRECTO DENDE TERRA

DO MAR A ONDE QUEIRAMOS: STREAMING EN DIRECTO

Conectamos en directo co lugar onde se atope o público participante para ofrecer rutas baixo o mar interpretadas. Poderemos coñecer de primeira man as especies que habitan as nosas augas, as súas ameazas e interactuar preguntando sobre todo aquilo que nos chame a atención.

O QUE AGOCHA A NOITE: PROXECCIÓNS NOCTURNAS EN DIRECTO

Durante as noites de verán organizamos percorridos submarinos onde as imaxes captadas polo ROV (dron submarino) proxéctanse en tempo real nunha pantalla xigante para gozar da vida noctámbula nos fondos das rías.

ESTÁS INTERESAD@ EN REALIZAR ESTAS ACTIVIDADES?

Contacta con nós en 13gradosvigo@gmail.com