top of page
fond arena

FONDOS DE AREA

Cando os desertos

teñen ollos

Nos fondos mariños tamén atopamos enormes extensións de area, aparentes desertos que, en realidade, dan lugar a un ecosistema rico e sorprendente.

A vida aquí é especialmente dura, xa que se trata dunha contorna en constante cambio, un sustrato inestable a merced das correntes no que non sempre é sinxelo botar raíces. Aínda así, son moitos os animais que encuentran nestes lugares o seu fogar e na camuflaxe a súa mellor arma. Peixes, caranguexos, vermes, bivalvos ou estrelas adaptáronse a vivir na area e orixinaron unha curiosa comunidade na que enterrarse ou disfrazarse con habilidade pode ser a chave para sobrevivir.

FONDOS DE ARENA
FONDOS DE ARENA
01:09
Play Video

FONDOS DE ARENA

13 GRADOS
¿Cómo se entierran las rayas?
00:17
Play Video

¿Cómo se entierran las rayas?

13 GRADOS
Salmonete, compañeros de mesa
03:03
Play Video

Salmonete, compañeros de mesa

13 GRADOS

Cando referímonos a estes fondos coma desertos con ollos é pola capacidade de moitos animais para enterrarse na arena e pasar desapercibidos. Unha estratexia habitual na raia riscada (Raja undulata), coma a da foto, ou dos chocos (Sepia officinalis)

Pero as zonas de area tamén son unha importante fonte de alimento para numerosos peixes. O salmonete ou barbo (Mullus surmuletus) é un dos máis representativos, xa que dispón de dúas características barbas na cabeza que actúan coma órganos sensoriais para detectar as presas enterradas. Unha habilidade que aproveitan outros peixes, como pargos e sargos, para quedar con parte do botín atopado polos salmonetes.

Tamén os vermes tubícolas (aqueles que crean un tubo ao redor do corpo para protexerse) atopan nestes lugares un bo hábitat no que residir, ás veces, con disfraces case imposibles, coma o do verme albanel (Lanice conchilega), que recobre o corpo con grans de area e anacos de cunchas para facerse invisible nestes fondos.

Aínda que as estratexias destes vermes para vivir nos fondos de area son moi variadas. Outros, coma o verme periscopio (Diopatra neapolitana) optan por construír un tubo máis amplo no interior da area e moverse dentro de el.

Outros animais característicos e abondosos na area son os caranguexos ermitáns, coñecidos pola necesidade de cambiar de cuncha a medida que medran. Unha nova casa na que, a miúdo, comparten sitio con anemones e outros animais que se instalan no exterior.

As rañas negras (Ophiocomina nigra), parentes de estrelas de mar e ourizos, tamén son moi abondosas nestas paisaxes y, se as circunstancias son favorables poden formar congregacións de centos de exemplares que se estenden formando escuras alfombras no fondo.

Tamén os ourizos de mar están presentes nestes lugares, especialmente os irregulares, como o da foto, que, a diferencia dos ourizos regulares, amosan cores máis pálidos e apagados coas espiñas máis longas e flexibles.

Moitas estrelas de mar desenvolveron estruturas corporais especialmente deseñadas para enterrarse e desenterrase na area, como as pugas nos laterais dos brazos na rapacricas da foto (Astropecten irregularis) ou na estrela de sete brazos (Luidia ciliaris)

Ademáis da raia riscada, outras especies destes peixes viven habitualmente na arena. O torpedo ou tremedeira (Torpedo marmorata) é unha delas. Un animal capaz de producir descargas eléctricas para defenderse e cazar.

E, por suposto, os fondos de area son territorio de multitude de peixes planos, coma o linguado (Solea solea). Estes peixes, non só adquiriron unha cor moi semellante a do fondo para camuflarse, senón que a súa anatomía sufriu profundos cambios para vivir deitados sobre a area, coma ter situados ambos ollos no mesmo lado do corpo (en troques de manter un a cada lado)

Entre os moitos depredadores que visitan estes lugares, como polbos, robalizas ou centolas, destacan os tiburóns melgacho (Scyliorhinus canicula). É relativamente sinxelo de atopar durante as inmersións nas Rías Baixas, descansando sobre a area durante o día e máis activo pola noite.

Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o seu uso non autorizado.

bottom of page