top of page
experiencias en 360
fotomont RV.jpeg

VISITA OS FONDOS EN 360º

Agora, visitar en primeira persoa as paisaxes submarinas é posible grazas os lentes de realidade virtual que nos somerxen nas imaxes 360º. Unha oportunidade de percorrer os recunchos do mundo paralelo que se agocha ao outro lado da superficie e que aínda está por  descubrir.

mergullo gravacions 5.jpg

 FILMAMOS OS FONDOS EN 360º PARA CREAR EXPERIENCIAS INMERSIVAS 

IMG_20220924_171521.jpg

 OS LENTES DE REALIDADE VIRTUAL SOMÉRXENNOS NAS IMAXES 

O Parque Nacional das Illas Atlánticas en 360º
Play Video

Move a imaxe co cursor do rato para percorrer o fondo mariño en 360º.

ACTIVIDADES DE EXPERIENCIAS INMERSIVAS EN 360º

CONTIDOS POR ENCARGA

AMOSA O PATRIMONIO NATURAL SOMERXIDO COMO NUNCA ANTES

ACTIVIDADES EN PROXECTOS

COLABORACIÓNS CON EXPERIENCIAS INMERSIVAS TEMÁTICAS

FEIRAS E MERCADOS

PROBA UNHA EXPERIENCIA 360º BAIXO O MAR DENDE OS NOSOS STANDS

Desplazámonos á zona litoral ou fluvial que queiras dar a coñecer para filmar en 360º baixo a auga e crear historias visuais inmersivas que poñan en valor a contorna subacuática e a súa importancia.

Participamos en proxectos culturais, educativos ou de ecoturismo con experiencias en 360º que nos permitan aportar contidos de interese á temática abordada polo proxecto.

Sempre que participamos en feiras , congresos ou charlas, levamos con nós os lentes de realidade virtual para ofrecer ao público asistente a posibilidade de vivir a experiencia de somerxerse baixo o mar en 360º.

ESTÁS INTERESAD@ EN REALIZAR ESTAS ACTIVIDADES?

Contacta con nós en 13gradosvigo@gmail.com

FUTURA ACTIVIDADE 360

O MAR EN 360º
VERÁN 2023 - Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia
Somérxete baixo as augas das illas cunhas lentes de realidade virtual

web cartel PNIAG o mar 360-página010s - copia.jpeg

Durante os meses de xullo e agosto levamos esta actividade aos diferentes arquipélagos do Parque Nacional das Illas Atlánticas  amosando as paisaxes que se agochan baixo o mar e a biodiversidade que acollen:

Illa de Sálvora      -      Illa de Ons      -      Illas Cíes      -      Illa de Cortegada
 

Cada unha das illas acolleu un espazo expositivo no que as persoas visitantes puideron facer un percorrido visual polo mundo submarino do Parque a través de fotografías e infografías con cartelas explicativas (galego, castelán e inglés) e participaron da experiencia inmersiva en 360º cos lentes de VR con contidos adaptados para cada arquipélago. Unha experiencia submarina en primeira persoa coa que descubrir a parte máis descoñecida, pero máis importante, das Illas Atlánticas.


Un amplo abano de persoas visitantes gozou da experiencia, xa que a visualización coas lentes é apta a partir de 6 anos e adaptouse ao máximo para as persoas con diversidade funcional ou movilidade reducida.

Con esta iniciativa buscabamos divulgar sobre os valores e a importancia dos parques nacionais entre amplos sectores da sociedade local e visitante, facendo especial fincapé na importancia da biodiversidade e a conservación do espazo mariño do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Ao mesmo tempo, serviu como ferramenta de información da poboación local respecto da xestión dos parques nacionais e a conservación da biodiversidade en calquera das súas facetas, coa preservación dos valores naturais e culturais que xustificaron a súa declaración, neste caso o medio mariño,  como punto de principal atención; e como prestación de servizos de atención a visitantes para aportar unha ampla visión das particularidades do medio mariño do Parque e o seu compromiso coa conservación da biodiversidade.

Axudas na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

con cargo ao Plan de Recuperación, transformación e resiliencia (PRTR),

financiado pola Unión Europea-Next Generation EU para os anos 2022-2023

Documento-1-página001.jpeg
activ pr encargo

CONTIDOS POR ENCARGA
VERÁN/OUTONO 2022
RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO

Durante o verán e outono do 2022 realizamos diferentes exploracións e gravaciones subacuáticas na Reserva de Biosfera para crear tres pezas audiovisuais en 360º acompañadas das súas correspondentes audioguías. A través destas experiencias inmersivas podemos descubrir a belleza e biodiversidade das contornas naturais percorrendo:

-  o transcurso do río Mandeo ao outro lado da superficie

-  a zona de marismas da ría de Betanzos e os seus particulares habitantes

-  as paisaxes submarinas del litoral de Lorbé

Tres viaxes baixo a auga coas que as empresas certificadas desta Reserva de Biosfera poderán ofrecer ás persoas usuarias dos seus servizos a posibilidade de desfrutar tamén do que acontece baixo as augas que visitan.

Un proxecto que foi posible grazas á colaboración con A02Velas, WTMode e a Asociación de Desenvolvemento Rural "Mariñas - Betanzos" 

Se queres máis información sobre a realización destas actividades, consulta en:

A02Velas : https://a-02velas.eu/

Altavela : https://www.altavela.com/

ENSA : https://www.ensaescuela.com/

Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo : https://www.marinasbetanzos.gal/

Experiencias Inmersivas da Biosfera

Experiencias Inmersivas da Biosfera

Play Video
activ proyectos

ACTIVIDADES EN PROXECTOS
VERÁN/OUTONO 2022
EFÍMERO XACOBEO EXPERIENCE

O proxecto “Efímero Xacobeo Experience” éun evento multidisciplinar e único impulsado por tako.group que sucede no el camiño de Santiago a Fisterra-Muxía con actividades que reflexionan sobre a migración e a súa analoxía co Camiño. Trátase de promover unha conversa sobre os valores destas viaxes como punto de encontro entre persoas de diferentes países, culturas, necesidades ou preocupacións. 

Xunto a artistas como Nina Sefcik, Sara Guerrero e Sandra García Rey, dende 13 Grados aportamos a perspectiva dos caminos e viaxes baixo omar da man dun habitante agora habitual, pero que percorreu un longo camiño para chegar ás augas galegas, un peixe migrante que, debido aos cambios na temperatura daagua provocados polo cambio climático, chegou a nosa costa en busca dun lugar mellor no que vivir: falamos do peixe porco. Recreamos o seu camiño a través da peza audiovisual interpretada "Un mar de migrantes" e ofrecemos a posibilidade de mergullar xunto a el nunha experiencia inmersiva en 360º.

Coñece máis sobre este interesantísimo proxecto cultural en : https://efimeroexperience.com/

A4-efimero_dumbria.jpg
Efímero Xacobeo Experience

Efímero Xacobeo Experience

Play Video
ferias y merc

FEIRAS E MERCADOS
MAR DE MARES
PONT-UP STORE

A miúdo temos a sorte de poder participar en diferentes feiras, mercados ou congresos de economía social e emprendemento. Todos son unha gran oportunidade de descubrir novos proxectos con filosofías similares e de poder dar a coñecer ao público noso traballo. 

Xunto a outros recursos como as nosas mochilas, totes, táboas de identificación, o libro Alén do azul, ilustracións e fotografías, aproveitamos estas citas para contarvos en que consisten as nosas actividades e poder ofrecervos a oportunidade de realizar algunhas propostas coas que esteamos a traballar, como desfrutar dunha experiencia inmersiva baixo o mar en 360º cuns lentes de realidade virtual.

Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o seu uso non autorizado.

bottom of page