top of page
BATEAS paisaje

BATEAS

As catedrais das rías

Son un clásico da costa galega. As bateas de cultivo de mexillón salpican as Rías Baixas transformando a súa paisaxe tanto fóra como dentro da auga. Mergullar entre estas columnas de mexillóns vendo como fíltranse os raios de luz dende a superficie fainos sentir como se paseasemos nunha impoñente catedral submarina.

Os mexillóns son moluscos bivalvos superfiltradores e obteñen o seu alimento facendo pasar polo seu corpo ata 7 litros de auga nunha hora. Pero tamén teñen os seus depredadores: gaivotas, sargos, peixes porco e estrelas de mar son quen de romper as súas cunchas negras para consumilos.

BATEAS
Bateas
00:00
Play Video

Bateas

13 GRADOS
Alfombras bajo las bateas
00:00
Play Video

Alfombras bajo las bateas

13 GRADOS

Estas plataformas flotantes de madeira con forma de grella están ancoradas ao fondo por grandes cadeas e mortos. Nelas suxéitanse centos de cordas paralelas con sementes de mexillón para que este engorde e poder recollelo despois.

As columnas colgantes de mexillóns, perfectamente alineadas, dan lugar a unha paisaxe única baixo o mar. Son coma xigantes que se descolgan uns 12 metros de lonxitude, o xusto para non tocar o fondo, xa que alí congréganse grandes cantidades de estrelas de mar desexosas de comerse a estes bivalvos. Os días de mar de fondo estas columnas abanean aos lados creando un efecto hipnótico.

Estas ristras de mexillóns convírtense arrecifes temporais, onde multitude de formas de vida adhírense sobre as cunchas e crean unha colorida capa superficial. Esponxas, algas, anemones, diminutos caranguexos e gambas ou hidrozoos acóplanse para crear ecosistemas en miniatura suspendidos na columna de auga.

Mergullar baixo estas estruturas supón unha das inmersións máis interesantes e espectaculares. Se a visibilidade acompaña, pódese apreciar como os raios do sol atravesan as columnas de mexillóns e os bancos de peixes nadan ao seu redor.

Baixo as bateas, esténdese unha alfombra de cascallo formada por mexillóns que se desprenden e os restos das súas cunchas que se acumulan e serven de alimento e acubillo a animais, como estrelas de mar, ofiuras, ourizoscrinoideos ou pepinos. Tamén abundan depredadores que patrullan estas zonas na procura dun bo bocado, como os melgachos, raias riscadas, chocos e polbos, como ol que podemos apreciar camuflado entre o cascallo.

A outra cara da moeda é que tamén despréndense  cordas e tarugos, que acaban no fondo acumulándose como lixo. Igualmente, é habitual atopar gran cantidade de sedimentos finos, que se depositan formando unha capa limosa e incrementando as partículas en suspensión nestas zonas.

Cando percorremos estas paisaxes paga a pena xirarse e mirar cara arriba para observar como se estende a contraluz a silueta da batea.

bateas - copia.JPG

Estrutura dunha batea

Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o seu uso non autorizado.

bottom of page