top of page
fond rocos

FONDOS ROCHOSOS

Fendas cheas de vida

Sen dúbida, os lugares máis visitados polas mergulladoras, xa que acollen unha enorme cantidade de vida. As rochas son o sitio ideal para que as algas e animais sesis (aqueles que viven aferrados a superficies duras) poidan instalarse, e nas aguas do Atlántico recóbrense de especies que apenas deixan ver a pedra que hai baixo elas. Isto é un reclamo alimenticio para numerosas e diversas formas de vida.

Ademais, a abundancia de recovecos e fendas que se forman actúan como un refuxio perfecto para animais de pequeno tamaño, como os peixes lapa, ata os de maior envergadura, coma congros, polbos, centolas ou lumbrigantes.

FONDOS ROCOSOS
FONDOS ROCOSOS
00:00
Play Video

FONDOS ROCOSOS

13 GRADOS
BARRIGUDAS, a las trincheras!!
02:10
Play Video

BARRIGUDAS, a las trincheras!!

13 GRADOS
MARAGOTAS: Bienvenidas a mi roca
02:40
Play Video

MARAGOTAS: Bienvenidas a mi roca

13 GRADOS

Unha imaxe típica destas paisaxes nas rías, onde a abondosidade de vida e cores sorprende aos seus visitantes. A líña de costa galega está chea de baixos rochosos e ten un perfil rochoso irregular que da lugar a este tipo de hábitats, onde residen numerosas especies.

Esponxas, algas, anemones, vermes, corais brandos... todos atopan o seu sitio sobre as rochas, cubrendo por completo a súa superficie.

Así que, nestas paisaxes, abundan os animais que se alimentan da vida sobre as rocas. Os ourizos de mar, por exemplo, son herbívoros e dispoñen  dun potente dentame para rillar sobre as rochas e comer  as algas

Tamén as lesmas de mar (o molusco azul da foto) atopa aquí as diferentes especies de esponxas ou hidrozoos dos que se alimentan e comparten barrio con multitude de animais de rocha.

Algúns peixes, como os lorchos cornudos (Parablennius pilicornis) -nesta foto e na anterior-, as maragotas o os serráns, ademais, adoitan realizar as postas de ovos nas rocas. Durante a época de reproducción (preferentemente en primavera) os machos fan seus os lugares visibles pero protexidos e agardan a que as femias acudan a deixar os ovos. Logo, fecundanos e os protexen con vehemencia ata que eclosionan.

Son moitas as especies de peixes nadadores que frecuentan estes lugares, polo xeral, na busca de alimento. Excepto os peixes que optan por vivir nadando na columna de auga, todos os demais, nalgún momento, optarán polos fondos rochosos como despensa.

Os grandes laños que se forman entre as rochas son os abeiros dalgunhas das especies máis emblemáticas das augas galegas. Nécoras, centolas, lumbrigantes e, como non, os congros (Conger conger), atopan nestes recovecos un lugar perfecto para protexerse.

E, por suposto, tamén é o hábitat do polbo (Octopus vulgaris) Aínda que a este todoterreo poderemos atopalo en calquera tipo de paisaxe, xa que ten unha prodixiosa capacidade de adaptación, tanto para camuflarse como para variar a súa dieta, é nos fondos rochosos onde encuentra con frecuencia refuxio, onde elixe os lugares nlos que realizar as postas e onde consegue alimento con gran facilidade.

Outros habilidosos artistas da camuflaxe son os peixes planos. A maioría deste tipo de peixes encuentra o súa contorna ideal nos fondos de area, pero hai dúas especies que aprenderon a mimetizarse á perfección coas rochas: o tapaconas (Zeugopterus punctatus) e a pelaya (Zeugopterus regius) -na foto-.

As fendas serven de vivienda a moitas formas de vida de pequeno tamaño. Algunhas mudaron a súa anatomía para adaptarse con máis eficacia a estes lugares. Un claro exemplo é o peixe lapa, un peix que transformou as súas aletas pélvicas (na parte ventral preto da cabeza) nunha ventosa que lle permite suxeitarse boca abaixo.

MÁNDANOS TUS FOTOS CON ALGO QUE HAYAS FOTOGRAFIADO EN LUGARES COMO ESTE Y LAS INCLUIREMOS 

Todas as fotografías, textos e vídeos pertenecen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o seu uso non autorizado.

bottom of page