top of page
BUCEA SIN MOJARTE
PORTADA ROVS - copia pequeña.jpg

SOMÉRXETE
NO MAR SEN TE MOLLAR!!

Grazas á tecnoloxía, agora é posible descubrir o medio mariño sen necesidade de mollarse. Empregamos ROVs (drones submarinos) que nos transmiten en directo as imaxes do fondo do mar para poder visualizalas dende terra e comentar o percorrido descubrindo como é a vida ao outro lado da superficie.

P8151904.JPG

 O ROBOT QUE EMITE AS IMAXES DO   FONDO DO MAR EN DIRECTO 

P7271115.JPG

 O MUNDO POR DESCUBRIR AO OUTRO   LADO DA SUPERFICIE 

ACTIVIDADES PARA VISITAR O FONDO DO MAR EN DIRECTO

DO MAR Á CLASE

DESCUBRINDO O FONDO MARIÑO DENDE A AULA

O QUE AGOCHA A NOITE

PROXECCIÓNS NOCTURNAS EN DIRECTO

Conectamos en directo cos centros educativos para ofrecer rutas baixo o mar interpretadas. Poderemos coñecer de primeira man as especies que habitan as nosas augas, as súas ameazas e interactuar preguntando sobre todo aquilo que nos chame a atención.

Durante as noites de verán organizamos percorridos submarinos onde as imaxes captadas polo ROV (dron submarino) proxéctanse en tempo real nunha pantalla xigante para gozar da vida noctámbula nos fondos das rías. 

RUTAS SUBMARINAS

A VIDA BAIXO O MAR A TRAVÉS DUNS LENTES DE REALIDADE VIRTUAL

Unha experiencia inmersiva para somerxerse nas paisaxes submarinas da man dunha guía que describe todo o que imos vendo. A oportunidade de mergullar sen se mollar e sen pasar frío ao outro lado da superficie do mar.

ESTÁS INTERESAD@ EN REALIZAR ESTAS ACTIVIDADES?

Contacta con nós en 13gradosvigo@gmail.com

RUT INTER

RUTAS INTERPRETATIVAS SUBMARINAS
VERÁN/OUTONO 2021
ILLAS CÍES - MUSEO DO MAR - PRAIA DA CONGORZA

Para gozar das paisaxes cheas de cores e vida que se agochan ao outro lado da superficie, con estas rutas submarinas puidemos percorrer os fondos mariños gracias a unhas lentes de realidade virtual que reciben a imaxe de vídeo en directo que recolle un ROV (dron submarino).

Logo de llevar a cabo estas actividades nas Illas Cíes, continuamos cos mergullos virtuais notras ubicacións da ría:  o Museo do Mar (Vigo)  e a Praia da Congorza (Cangas).

No  perdas os vídeos para descubrir o que puidemos ver en directo!!

CARTEL XUNTA - 13 grados.jpeg
RUTAS INTERPRETATIVAS SUBMARINAS

RUTAS INTERPRETATIVAS SUBMARINAS

Watch Now
VISUALIZANDO CON LAS GAFAS DE REALIDAD VIRTUAL
MUELLE DE CARRACIDO
1b
ROV (dron submarino)
3a
PA092210
PASEO BAJO MAR

UN PASEO BAIXO O MAR
VERÁN 2021
ILLAS CÍES - ILLA DE ONS

Entre lusco e fusco, a penumbra inunda os fondos mariños e todo cambia baixo o mar. Moitos animais saen dos seus acochos para ir na procura de comida e outros achéganse a curiosear as luces do ROV. É un momento especialmente interesante para somerxirse e desfrutar das curiosidades mariñas.

Se non puideches acompañarnos durante as proxeccións nocturnas e diurnas en directo deste verán nas Illas Cíes e Ons, deixámosvos algúns vídeos nos que poder gozar dalgúns dos mellores momentos. 

UN PASEO BAJO EL MAR

UN PASEO BAJO EL MAR

Watch Now
rov cartel pniag-página007.jpeg
5c
5d
1271AD9E-58E2-47FD-9863-374304615742
natureWatch

VI ENCONTRO natureWatch 2022
Novas tecnoloxías e fondos mariños

PRIMAVERA 2022
CASTELO DE SANTA CRUZ - OLEIROS

Do 24 ao 26 de marzo tiveron lugar as xornadas do Encontro natureWatch 2022, unha oportunidade para coñecer a fondo diferentes experiencias de observación da natureza dende a perspectiva do turismo sustentable e responsable.

Tivemos a sorte de poder participar coa ponencia/experiencia "Novas tecnoloxías e medio mariño" onde explicar e facer partícipes ás personas asistentes da utilidade, accesibilidade e innovación que a tecnoloxía pode aportar á observación e coñecemento do medio mariño.

Tras unha primeira fase de visualización en directo dos fondos submarinos dos alrededores a través do emprego de lentes de realidade virtual, pasamos a realizar un streaming en directo na sala principal do Castelo de Santa Cruz para seguir desfrutando das imágenes que o ROV (robot submarino pilotado dende terra) nos transmitía en tempo real.

Unha experiencia que finalizou cunha pequena mostra do alcance destas ferramentas para somerxernos ao outro lado da superficie do mar coa visualización de contidos submarinos en 360º grazas ás lentes de realidade virtual.

natureWatch 2022

natureWatch 2022

Play Video

Streaming en directo para centros educativos
Do mar á escola

SEPTIEMBRE 2022
CONCELLO DE BAIONA

O pasado mes de setembro tivemos a oportunidade de somerxernos en directo nas costas de Baiona xunto a diferentes centros educativos grazas á iniciativa do Concello de Baiona. O emprego dun ROV (robot submarino pilotado) que percorreu as paisaxes submarinas nos alrededores da Fortaleza de Monterreal, permitiunos emitir en directo a través do noso canle de Youtube as imaxes a tiempo real que filmaba baixo a auga. Unha transmisión simultánea a sete centros educativos dos arredores que puideron desfrutar deste paseo baixo o mar sen se mollar dende as aulas.

Ademais, mentres desfrutabamos do percorrido polos fondos, íamos comentando todo o que viamos e aproveitando para contar curiosidades da vida mariña nas costas galegas, así como a importancia e funcións do mar nas nosas vidas e a necesidade de coidalo.

Unha experiencia que, a través do chat da canle, tamén nos posibilitou contestar ás diferentes preguntas que nos realizaban dende os centros e interactuar para coñecer máis a fondo o mundo somerxido da contorna submarina de Baiona.

Comienza en el 14:22

DO MAR Á ESCOLA - BAIONA 19-9-2022

DO MAR Á ESCOLA - BAIONA 19-9-2022

Play Video

Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o seu uso non autorizado.

bottom of page