top of page
LIBRO: ALÉN DO AZUL (1ª Ed.)

Idioma: galego

Libro de encadernación en tapa dura, 168 páxinas e dimensións 2x24,7x17,5 cm.

Editora: Catro Ventos

ISBN 978-84-949154-9-9

 

Alén do azul é unha viaxe ao mundo submarino da ría de Vigo na que cada capítulo descúbrenos unha paisaxe diferente e aos habitantes que viven nelas con ilustracións, debuxos explicativos e fotografías que reflicten a gran biodiversidade dos nosos fondos. Inclúe tamén códigos QR para acceder a vídeos exclusivos cos que poder visitar este mundo somerxido (actualizamos con regularidade os contidos dos vídeos nos códigos QR para que atopedes novas imaxes cada vez que querades disfrutar destas paisaxes, convertindo Alén do azul nun libro vivo).

 

Xunto a Catro Ventos Editora creamos este libro de paisaxes submarinas no que, ademais de descubrir a cómo é a vida baixo o mar, incluímos unha revisión dos principais factores que ameazan a saúde da ría na actualidade e recollemos algúns aspectos importantes para levar a cabo un mergullo máis respectuoso co medio.

LIBRO: ALÉN DO AZUL (1ª Ed.)

SKU: LI-001
22,00€Precio
  • Se cando recibas este produto está defectuoso, non te preocupes, ponte en contacto con nós en 13gradosvigo@gmail.com e comezaremos a xestionar o cambio.

    Se tes calquera dúbida ou pregunta sobre o produto que che interesa, contacta con nós antes de mercalo e informarémoste do que precises: 13gradosvigo@gmail.com

  • O envío tardará entre 3 e 6 días laborables para os destinos nacionais.

    Envío Nacional ordinario: 5,00 €

    Se queres facer un pedido dende fóra de España, por favor, contacta con nós en: 13gradosvigo@gmail.com

    For orders outside Spain, please contact with us at: 13gradosvigo@gmail.com

bottom of page