top of page
ECOEDICIÓN DO LIBRO: ALÉN DO AZUL (2ª Ed.)

Idioma: galego

Libro de encuadernación en tapa dura, 188 páxinas e dimensións 2,1 x 24,5 x 17,3 cm

Editora: Catro Ventos

ISBN 978-84-124635-0-7

 

VOLVE "ALÉN DO AZUL" CUNHA ECOEDICIÓN AMPLIADA

Alén do azul é unha viaxe ao mundo submarino da ría de Vigo no que cada capítulo nos descubre unha paisaxe diferente con ilustracións, debuxos explicativos e fotografías que reflicten a gran biodiversidade dos nosos fondos. Inclúe tamén códigos QR para acceder a vídeos exclusivos cos que poder explorar este mundo somerxido (actualizamos con regularidade os contidos dos vídeos nos códigos QR para que atopedes novas imaxes cada vez que queirades desfrutar destas paisaxes, convertindo Alén do azul nun libro vivo).

Esta nova edición está totalmente libre de plásticos e engade un cápitulo máis aos anteriores, recollendo a fascinante vida que ten lugar na columna de auga.

 

Xunto a Catro Ventos Editora démoslle forma a este libro de paisaxes submarinas co que, ademais de descubrir a vida baixo o mar, incluímos unha revisión dos principales factores que ameazan a saúde da ría na actualidade e recollemos algúns aspectos importantes para realizar un mergullo máis respectuoso co medio.

ECOEDICIÓN DO LIBRO: ALÉN DO AZUL (2ª Ed.)

SKU: LI-002
24,00€Precio
  • Se cando recibas este produto daste de conta de que está defectuoso, non te preocupes, ponte en contacto con nós en 13gradosvigo@gmail.com e comezaremos a xestionar o cambio.

    Se tes calquera dúbida ou pregunta sobre o produto que che interesa, contacta con nós antes de mercalo e informarémoste do que precises: 13gradosvigo@gmail.com

  • O envío tardará entre 3 e 6 días laborables para os destinos nacionais.

    Envío Nacional ordinario: 5,00 €

    Se queres facer un pedido dende fóra de España, por favor, contacta con nós en: 13gradosvigo@gmail.com

    For orders outside Spain, please contact with us at: 13gradosvigo@gmail.com

bottom of page