top of page
camp. anemon

CAMPOS DE ANEMONES

Coa melena ao vento

Estes lugares, onde as anemones dominan a paisaxe, parecen ser cada vez menos habituais, quizais pola proliferación de algas invasoras que ocupan o seu lugar. Pero, cando podemos visitalos, resultan de especial interese, xa que albergan unha interesante variedade de vida asociada e resulta case hipnótico observar o balanceo dos tentáculos axitados pola corrente.

É importante lembrar que non debemos tocar as anemones, en parte, ao igual que con calquera outro animal, para non molestalas ou danarlas, pero tamén porque teñen propiedades urticantes que fan que as súas picadas sean dolorosas.

CAMPOS DE ANÉMONAS
CAMPOS DE ANÉMONAS
00:00
Play Video

CAMPOS DE ANÉMONAS

13 GRADOS

Nos animais que con máis frecuencia atoparemos asociados a estas anemones están os caranguexos araña (Inachus sp.). En ocasións, se a anemone é grande, podemos chegar a encontrar ata catro caranguexos baixo o acubillo dos tentáculos velenosos.

Tamén os plumeiros de mar son habituais nestas extensións de anemones, sendo unha das paisaxes nas que temos máis probabilidades de velos medrar a pares ou de tres en tres.

Unha das curiosidades desta especie de anemone (Anemonia viridis) é que, en función da profundidade e das diferentes relacións con algas simbióticas (algas microscópicas que viven no seu interior) poden amosar distintas coloracións, que van dende tons agrisados ou pardos a verdes intensos con zonas dun rosa case fosforescente.

Sen dúbida, o animal máis buscado nestas paisaxes e dos máis difíciles de atopar, polo seu pequeno tamaño e o corpo transparente, é a gamba das anemones. Un fermoso crustáceo de aspecto tropical que vive protexido entre os tentáculos da anemone, á que lle devolve o favor alimentándose de diferentes sedimentos que quedan sobre ela e manténdoa limpa.

En ocasións, as anemones cobren amplas zonas de rocha e dan lugar a campos de gran tamaño que quedan totalmente tapizados polas súas melenas.

As nécoras son tamén frecuentes nestes lugares. Buscan acocho baixo as anemones ao tempo que poden atopar alimento nas gambas e pequenos peixes que frecuentan estas paisaxes.

A pesar de súa natureza urticante, as anemones tamén teñen depredadores. Na foto podemos ver a lesma de mar filomena (Aeolidia filomenae), un curioso nome que rinde homenaxe á ávoa dunha das autoras galegas que describiron esta especie. Esta lesma aliméntase específicamente de anemones.

Outra perspectiva na que poder apreciar a combinación de anemones, plumeiros de mar e algas de pequeno tamaño.

MÁNDANOS as TUas fotos CON ALGO INTERESANTE QUe FOTOGRAFaches nESTE lugar e AS INCLUIREMOS 

Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o seu uso non autorizado.

bottom of page