SAFARIS DE MERGULLO
Canto máis aprendemos dos fondos submarinos nos que mergullamos, máis os desfrutamos. Saber que podes atopar baixo o mar e como se comportan os animais que alí viven, axuda a saber onde buscar e a ser testemuña de grandes momentos que doutra maneira pasarían desapercibidos.
Cos safaris de mergullo engadimos este importante valor ás inmersións. Trátase dunha xornada diferente, que comeza cunha presentación do punto que imos visitar para coñecer as características da paisaxe no que nos somerxeremos, descubrir que formas de vida poderemos atopar e coñecer como se comportan. Todo isto explicado a través de proyeccións de vídeo e ilustracións explicativas.
E, logo, a auga! onde poder desfrutar en primeira persoa do que viramos na presentación. Un momento no que recrearse baixo ol mar cunha inmersión tranquila e nun grupo reducido.
SAFARIS DE SNORKEL NA RÍA DE VIGO
ESTE VERÁN ven facer SNORKEL con nós e descubre dúas das paisaxes submarinas máis características da nosa costa: AS BATEAS e OS BOSQUES DE ALGAS
En XULLO e AGOSTO ímonos de SAFARI DE SNORKEL POLA RÍA para descubrir dúas das paisaxes máis características e especiais: as bateas e os bosques de algas.
Acompáñanos para pasar unha mañá diferente desfrutando do mar e do seu patrimonio somerxido. Percorreremos a ría en barco prestando especial atención ás aves e cetáceos que poidamos avistar ata chegar ás bateas. Alí faremos unha primeira parada para coñecerlas a fondo e visitalas cunha ruta guiada de snorkel. Despois achegarémonos á costa do Morrazo para somerxernos de novo, pero desta volta nun illote rodeado por un bosque submarino de grandes algas
Ven con nós facer snorkel e descobre como é a vida baixo o mar que nos rodea.
A actividade realízase nun grupo reducido de 6 persoas e inclúe todo: traslado en barco, material de snorkel (máscara, tubo, aletas e neopreno), briefing sobre a vida mariña e 2 rutas guiadas de snorkel: 65€ por persoa
SAÍMOS DE LUNS A VENRES EN XULLO E AGOSTO POLAS MAÑÁS (10:00 a 13:45)
Reserva xa no 666457285 ou en 13gradosvigo@gmail.com
Agardámosvos!
SAFARIS DE SNORKEL NAS ILLAS CÍES
En SEPTEMBRO e OUTUBRO volvemos ás ILLAS CÍES para descubrir o mundo submarino do Parque Nacional
Xa vos podedes apuntar aos SAFARIS DE SNORKEL, unha experiencia pensada para coñecer a fondo a vida baixo o mar que nos rodea.
Somerxerémonos nas Illas Cíes para descubrir en primeira persoa o mundo que agochan as súas augas cunha ruta guiada de snorkel. Previamente faremos unha introducción na que presentar a localización que imos visitar, coñecer a vida mariña que poderemos ver, aprender a identificala e como facer un snorkel respectuoso co medio.
A actividade realízase nun grupo reducido de 6 persoas e inclúe todo: traslado en barco, material de snorkel (máscara, tubo, aletas e neopreno), briefing sobre a vida mariña e ruta guiada de snorkel.
SAÍMOS OS SÁBADOS e DOMINGOS DE SETEMBRO E OUTUBRO
Reserva xa túa praza no teléfono 666 45 72 85 ou enviando un correo electrónico a 13gradosvigo@gmail.com
¡Agardámosvos!
SAFARIS DE MERGULLO
Queres ir un paso máis aló e saber que se sinte respirando no fondo do mar? Apúntate aos nosos SAFARIS DE MERGULLO e proba a somerxerte cun equipo autónomo baixo a auga
Se queres ir un paso máis alló, o teu son os SAFARIS DE MERGULLO, unHa experiencia na que poder vivir a sensación de respirar baixo o mar para adentrarnos na biodiversidade do mundo submarino.
Somerxerémonos nun punto de mergullo pouco profundo para levar a cabo o bautizo de mergullo (1ª experiencia cun equipo de mergullo autónomo). Previamente faremos unha introducción na que presentar a localización que imos visitar, coñecer a vida mariña que poderemos ver, aprender a identificala e a facer un mergullo respectuoso co medio, así como unha introducción ao mergullo e manexo do equipo que levaremos.
A actividade realízase nun grupo reducido de 4 personas e inclúe todo: traslado en barco, material de mergullo (equipo completo), briefing sobre a vida mariña, briefing de bautizo de mergullo e ruta submarina.
SAÍMOS PARA GRUPOS DE 4 PERSOAS ADAPTÁNDONOS A OS VOSOS HORARIOS
Infórmate ou reserva no teléfono 666 45 72 85 ou enviando un correo electrónico a 13gradosvigo@gmail.com
Vive unha experiencia única!
Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o seu uso non autorizado.