Descubre todas as novidades en
A acuarela é unha das técnicas máis difíciles, pero permite traballar a luz, a textura e as cores de xeito moi potente. Por iso elixímola para retratar aos animais mariños, xa que nos da a oportunidade de trasladar esa sensación de vida ás ilustracións.
A través das infografías podemos recoller e organizar gran cantidade de información ao tempo que a reflectimos nun so golpe de vista. Un medio perfecto para amosar procesos de manera clara e organizada.
Tamén elaboramos posters nos que recompilar algúns dos habitantes habituais das augas galegas. Un modo diferente de descubrir algunhas especies que viven aquí e os seus diferentes nomes.