Os Octocoralarios (ANTOZOOS) son tamén animais que viven unidos no substrato, pero dan lugar a formas ramificadas ou crecen como bulbos carnosos. A característica definitiva deste grupo son os múltiples pólipos que aparecen en toda a superficie da estrutura. Estes pólipos son pequenos e rematan sempre con oito tentáculos de pluma (é por iso o nome de octocoraliarios). Son animais coloniais, cada pólipo é un ser independente pero conectado cos outros por un esqueleto común. Entón, cando vemos unha anémona estamos a ver a un animal, pero cando vemos unha gorgonia ou un cenoiro (octocoraliarios) vemos moitos animais unidos formando un todo.