PAISAXES SUBMARINAS

O recortado e irregular litoral galego orixina moitos quilómetros de costa onde poder visitar dende zonas moi expostas á forza do mar a recunchos protexidos polas enseadas e rías. Unha variadade de relevos que xunto ao fenómeno do afloramento costeiro (aportes de nutrientes que traen as correntes frías e profundas que se achegan á costa grazas ao efecto dos ventos do norte) dan lugar a un amplo abano de paisaxes somerxidas. Ademais, a disposición xeográfica das Rías Baixas convérteas en zonas resgardadas dos temporais do inverno, especialmente naquelas rías onde as illas situadas na parte exterior fan de parapeto aos envites do mar. Isto permite que poidamos desfrutar do mergullo durante todo o ano e que tamén sexamos testemuñas do paso das estacións baixo o mar.

Aínda que existen interesantes puntos de mergullo a máis profundidade, a franxa entre 0 -20 m próxima á costa acolle gran parte da biodiversidade mariña galega, polo que non é preciso somerxerse moitos metros para desfrutar das paisaxes e habitantes que viven nas nosas augas. Simplemente coa práctica do snorkel, podemos observar moitos destes ecosistemas e descubrir curiosas formas de vida neles.

BOSQUES DE ALGAS PARDAS

Os bosques de kelp, onde grandes algas pardas que chegan a medir varios metros forman comunidades mestas, son lugares dunha riqueza e biodiversidade enormes. Ao igual ca sucede coas plantas, as algas absorben o dióxido de carbono e xeran osíxeno, actuando como os pulmóns do planeta. Pero o seu maior valor radica na cantidade de vida que acollen ao seu redor.

SABER MÁIS

Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

FONDOS ROCHOSOS POUCO PROFUNDOS

Son os fondos que predominan na lIña de costa, baixos que se estenden dando lugar a recunchos e laños que moitas especies aproveitan para asentarse ou buscar acocho. Por outra banda, as rochas son o soporte ideal para aquelas formas de vida que precisan superficies duras para suxeitarse, como as algas, anemones, esponxas ou gorgonias. Deste xeito, ao redor das rochas, creanse grandes e diversas comunidades de diferentes animais.

SABER MÁIS


FAROS E BALIZAS

Calquera estrutura artificial somerxida rapidamente cóbrese de vida baixo o mar. As balizas non son menos e ao outro lado da superficie congregan numerosas formas de vida que acaban dando lugar a unhas paisaxes moi especiais.

SABER MÁIS

Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

PRADARÍAS DE ZOSTERA

A zostera é unha planta mariña que medra nos fondos de area formando mestas alfombras cheas de vida. Pero a súa importancia vai máis alá de ser un lugar de refuxio e busca de alimento para multitude de especies. Estas plantas son quen de captar dióxido de carbono, liberar osíxeno e actuar como unha barreira protectora para a costa fronte aos temporais e a forza do mar, xa que rerducen o seu impacto.

SABER MÁIS

FONDOS DE AREA

Semellan enormes desertos que se estenden sen fin, mais é o lugar no que habitan multitude de animais adaptados á perfección a esta contorna. Na area non hai acochos, así que a camuflaxe se convirte en algo imprescindible. Hai quen é experta en enterrarse, como raias e chocos, e outros vístense con cores que imitan os da area, como moitos peixes planos.

SABER MÁIS

Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


FONDOS DE MAERL

O maerl é un alga moi especial: en troques de ser branda e flexible é dura coma unha pedra; e non se aferra ás rochas, senón que vive libremente rodando nos fondos de area. Son seres moi lonxevos, que medran lentamente e forman capas rosas que se estenden sobre o fondo. Cada alga é unha escultura vivente que adopta unha forma única modelada polas correntes e o rozamento coa area tralo paso dos anos.

SABER MÁIS


CAMPOS DE CENOIROS

Os cenoiros son as plumas de mar máis abondosas en Galicia. Crecen na area formando amplos campos e poden chegar a medir máis dun metro de altura. Ao seu redor é habitual atopar tiburóns melgacho descansando, grandes congregacións de ofiuras negras ou os esquivos peixes sanmartiño nadando na procura de alimento.

SABER MÁIS

Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


XARDÍNS DE ALGAS

En Galicia temos a sorte de poder gozar dunha variedade enorme de algas, que, en multitude de zonas costeiras, forman fondos multicolor. Estes lugares están cheos de vida e tamén son accesibles cando facemos snorkel na praia. Peixes, ourizos, lapas, lesmas de mar, caranguexos, anemones, caramuxos… son só algúns exemplos de todo o que podemos atopar nun paseo por estas paisaxes.

SABER MÁIS

CAMPOS DE ANEMONES

Da ampla variedade de anemones que temos en Galicia, a anemone común (Anemonia viridis) é a raíña, e, en ocasións, forma grandes poboacións que cobren as rochas. Os seus tentáculos son longos e, ao contrario ca maioría das anemones, non pode retraelos completamente no interior do seu corpo. Esta característica é aproveitada por multitude de animais que se refuxian dos perigos baixo as súas longas melenas urticantes.

SABER MÁIS

Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

XARDÍNS DE GORGONIAS

As gorgonias moradas son un dos trazos de identidade máis representativos dos fondos galegos. Corais brandos en forma de abanos que, cando as condicións son favorables, forman amplos xardíns que cobren as rochas, actuando como se fose un monte baixo no que se agocha unha abundante cantidade de vida.

SABER MÁIS

FONDOS ROCHOSOS A MÁIS DE 20 METROS

A partir dos 20 metros, a maioría das algas non poden vivir (xa que non dispoñen de suficiente luz para realizar a fotosíntese) e as amplas zonas de rocha que adoitan cubrir quedan á disposición de formas de vida animal que atopan aquí o seu espazo. Cando visitamos estas zonas, sorpréndennos formas de vida menos habituais, coma esponxas, gorgonias, ascidias e briozoos con curiosos aspectos e cores que non encontramos a outras profundidades.

SABER MÁIS

Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


PECIOS

Os pecios ou barcos afundidos forman arrecifes temporais improvisados. Os restos recóbrense dunha segunda pel viva e serven de gorida a grandes congros e lumbrigantes. Son lugares que xeran unha especial atracción nas mergulladoras polos seus contrastes e pola historia máis ou menos afortunada que contan estes esqueletos abandonados. Ademais, o desgaste que xera a forza do mar, vainos transformando ata que acabe por facelos desaparecer.

SABER MÁIS

 


BATEAS

Estas plataformas de cultivo de mexillón crean sorprendentes paisaxes baixo o mar. Entre a multitude de columnas que descenden case ata o fondo, poden verse os xogos de luces e sombras onde os bancos de peixes congréganse na busca de alimento. No fondo, unha enorme estensión de cunchas escuras sepulta a area e provoca a chegada daqueles animais que máis desfrutan de consumir mexillón, as estrelas de mar.

SABER MÁIS

Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


A COLUMNA DE AUGA

Non todas as formas de vida elixen o fondo para asentarse, outros tantos deciden vivir na columna de auga que vai dende a superficie ao fondo. Bancos de peixes nadadores, medusas, cetáceos e mesmo algunha especie de caranguexo fan de este enorme espazo a súa casa.

SABER MÁIS


A ZONA ENTRE MAREAS

A zona intermareal é a parte da costa que queda ao descuberto cando baixa a marea para volver a inundarse cando esta sube. Un lugar cheo de interesantes criaturas que podemos visitar sen necesidade de somerxernos. Cada día, a vida destes seres debe soportar unhas condicións moi duras e adaptarse a cambios enormes de temperatura, humidade e salinidade. Cousas de vivir no límite entre a terra e o mar.

SABER MÁIS

Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar