QUEN VIVE BAIXO O MAR?
O océano é a orixe da vida no planeta, constitúe máis do 90% dos ecosistemas habitables do mundo e alberga unha biodiversidade case inabarcable (aínda que se estima que apenas coñecemos entre o 5 e o 10% das especies que alí viven) con multitude de animais exclusivos deste medio. Un mundo de criaturas fascinantes que levan milleiros de anos adaptándose a vivir no fondo do mar. Descubre algunhas das especies litorais da costa galega navegando nesta sección.