Son peixes moi especiais, co seu corpo robusto, cilíndrico e elongado que lles da aspecto de serpe. A maioría son mariños, pero os hai que son quen de vivir parte da súa vida en augas doces e salobres, como a anguía. Carecen de aletas pélvicas e as aletas pectorais tamén faltan nalgunhas especies (como as moreas). Pero as aletas dorsais e anais adoitan ser longas e amiúdo están unidas á caudal formando un continuo.
Non posúen escamas senón que teñen a pel esbaradiza e poden acadar grandes tamaños. Viven nos fondos, aínda que algunha especie como a anguía é unha gran migradora, e a maioría son de hábitos nocturnos.