Campos de anémones

Coa melena ao vento 

Estes lugares, onde as anemones dominan a paisaxe, parecen ser cada vez menos habituais, quizais pola proliferación de algas invasoras que ocupan o seu lugar. Pero, cando podemos visitalos, resultan de especial interese, xa que albergan unha interesante variedade de vida asociada e resulta case hipnótico observar o balanceo dos tentáculos axitados pola corrente.

É importante lembrar que non debemos tocar as anemones, en parte, ao igual que con calquera outro animal, para non molestalas ou danarlas, pero tamén porque teñen propiedades urticantes que fan que as súas picadas sean dolorosas.

 

Nos animais que con máis frecuencia atoparemos asociados a estas anemones están os caranguexos araña (Inachus sp.). En ocasións, se a anemone é grande, podemos chegar a encontrar ata catro caranguexos baixo o acubillo dos tentáculos velenosos.

También los espirógrafos son habituales en estas extensiones de anémonas, siendo uno de los paisajes en los que tenemos más probabilidades de verlos crecer a pares o de tres en tres.

 

Tamén os plumeiros de mar son habituais nestas extensións de anemones, sendo unha das paisaxes nas que temos máis probabilidades de velos medrar a pares ou de tres en tres.

Sen dúbida, o animal máis buscado nestas paisaxes e dos máis difíciles de atopar, polo seu pequeno tamaño e o corpo transparente, é a gamba das anemones. Un fermoso crustáceo de aspecto tropical que vive protexido entre os tentáculos da anemone, á que lle devolve o favor alimentándose de diferentes sedimentos que quedan sobre ela e manténdoa limpa.

En ocasións, as anemones cobren amplas zonas de rocha e dan lugar a campos de gran tamaño que quedan totalmente tapizados polas súas melenas.

As nécoras son tamén frecuentes nestes lugares. Buscan acocho baixo as anemones ao tempo que poden atopar alimento nas gambas e pequenos peixes que frecuentan estas paisaxes.

A pesar de súa natureza urticante, as anemones tamén teñen depredadores. Na foto podemos ver a lesma de mar filomena (Aeolidia filomenae), un curioso nome que rinde homenaxe á ávoa dunha das autoras galegas que describiron esta especie. Esta lesma aliméntase específicamente de anemones.

Outra perspectiva na que poder apreciar a combinación de anemones, plumeiros de mar e algas de pequeno tamaño.