A verdade é que se nos paramos a pensar en todo o plástico que nos rodea no día a día, parece unha misión imposible desfacerse del. Xa non se trata só de bolsas ou envases, é moi difícil atopar algo que non teña "restos" de plástico. Está por todas as partes: na roupa, os cosméticos, cremas, produtos de hixiene, electrodomésticos, goma de mascar... mirar ao noso redor e atopar tres cousas sen plástico é todo un reto. Mais aínda que a redución do plástico é fundamental, dado que é o maior contaminante nos nosos océanos, debemos afrontar o reto paso a paso.
Os efectos máis nocivos son os causados polo plásticos dun só uso, apenas unha curta vida útil (que ás veces pode ser duns minutos) e centos de anos para desintegrarse en microplásticos que contaminan o medio natural. A clave é non agoniarse e tentar retirar esas cousas que, se nos paramos a pensar, ben podemos evitar e cambiar por outras sen demasiado esforzo.
As seguintes páxinas que vos deixamos aquí poden darvos algunhas pistas.