COPÉPODOS

Aínda que só amosaremos un, non queremos deixar de mencionar os copépodos pola súa grande importancia ecolóxica, xa que son crustáceos moi pequenos (máximo 1 cm) que compoñen gran parte do zooplancto. Contribúen ao equilibrio mariño ao consumir unha grande cantidade de microalgas, á vez que serven de alimento para moitas especies mariñas.

A mayoría son mariños e planctónicos (viven na columna de auga arrastrados polas correntes), polo que adoitan ser de vida libre, pero algúns son parasitos de peixes e de lesmas de mar, como a especie da que falamos a continuación.