ESCARPÓNS

Chamados escarpóns, estes peixes son moi comúns nos fondos de area. Son fáciles de identificar, co corpo aplanado e un fociño longo coroado por dous ollos avultados. Normalmente están tranquilos, pousados, confiados da súa camuflaxe, mais se nos achegamos demasiado, non dubidarán en afastarse uns centímetros, o xusto para manter a distancia de seguridade e repetir a manobra se nos volvemos achegar.

Cabeza ancha e aplanada, cos ollos na parte superior. Con aletas moi desenvolvidas, especialmente a caudal, pectorais e pélvicas.

Case sempre atoparemos femias (distínguense por ter as aletas dorsais máis curtas) e xuvenís, aínda que en primavera e verán tamén se deixan ver os machos. Poden aparecer en calquera punto. Son abundantes en Cabo de Mar, Os Cenoiros, Cala do rei ou A furna.