Os múlidos, salmonetes ou barbos, recoñécense facilmente polas longas barbas brancas a modo de perilla. Con elas removen a area para detectar as presas enterradas e logo escavan coa cabeza para capturalas. Teñen dúas aletas dorsais e no seu corpo pódense ver claramente as grandes escamas. O perfil superior da cabeza inclínase de maneira abrupta cara abaixo, cos ollos situados enriba de todo.
Normalmente nadan sobre o fondo areoso, case sempre en pequenos grupos e é posible velos cando facemos snorkel nas praias, especielmente aos pequenos xuvenís de apenas 3-4cm.