Os peixes lapa son fuxidíos e pequenos. Aseméllanse a cágados, coa cabeza aplanada e a cola máis estreita e máis poderosa. Son difíciles de atopar, xa que viven agochados entre as crebas ou baixo as rochas e non dubidan en esconderse en canto notan a nosa presenza. Para moverse tan habilmente nestas superficies, teñen o corpo aplanado dorsoventralmente na zona da cabeza e converteron as aletas pélvicas nunha poderosa ventosa que lles permite fixarse firmemente nas rochas.